Rianxo ten unha taxa de criminalidade 16 puntos por debaixo da provincial

22 Maio 2024

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a subdelegada do Goberno na Provincia da Coruña, María Rivas, presidiron este martes 22 de maio a sesión ordinaria da Xunta Local de Seguridade do Concello. No seu transcurso analizouse a situación da seguridade cidadán no municipio e se planificaron os dispositivos a realizar durante os eventos festivos dos vindeiros meses. A subdelegada quixo destacar que o Concello de Rianxo ten unha taxa de criminalidade que “está 16 puntos por debaixo da provincial”, engadindo que “os datos indican que Rianxo tivo 21 delitos por dada mil habitantes, situándose en 37 por cada mil para o conxunto da provincia”. Esta taxa tamén está por debaixo da media de Galicia (35) e moi por debaixo da media estatal que é do 51 delitos por cada mil habitantes.

María Rivas, indicou que Rianxo é un concello seguro, e manifestou a súa satisfacción polo traballo conxunto que se reflicte na mellora dos datos. Neste sentido, María Rivas subliñou que a “colaboración e a investigación constante son clave para a resolución e para mellorar a eficacia policial, e os datos destes concellos avalan ese bo facer”. 

VioGen

Outro dos puntos importantes da reunión da Xunta Local de Seguridade foi a análise dos datos relativos á violencia de xénero. A subdelegada informou que neste momento, na provincia da Coruña hai 2.243 vítimas en VioGen. 

Rivas insistiu na necesidade de que todas a administracións se impliquen ao máximo na loita contra a violencia machista e agradeceu o compromiso de Rianxo nesta loita que que é un dos 22 concellos da provincia coa policía local está incorporado ao sistema VioGen de protección das vítimas.

A subdelegada sinalou que o Goberno ten un compromiso con cada “unha das 2.243 vítimas: o compromiso de traballar de maneira constante por protexelas, a elas e ás súas familias”. Este labor, sinalou, “so é posible desde a colaboración e coordinación das administracións”. 

Así, lembrou que na provincia xa son 22 os concellos que formalizaron a súa incorporación a VioGen, e que actualmente están en proceso de adhesión outros 8 concellos.

Finalmente, a subdelegada citou as actividades que se desenvolven ao amparo do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero como un exemplo máis da colaboración entre as distintas institucións nesta materia, e polas que o Concello de Rianxo recibiu desde o ano 2018 un total de 54.219,34 euros no marco do Pacto de Estado: “Son accións de formación, sensibilización e prevención que se realizan a nivel local e que son moi necesarias para avanzar na concienciación social”.

Outros artigos

Luns continúa a choiva e as temperaturas sen cambios

O luns unha fronte fría, asociada a esa borrasca, afectará a Galicia, especialmente na segunda metade do día. Así comezaremos a xornada cos ceos moi nubrados, con chuvias no litoral atlántico, localmente fortes. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...