Os axentes da Garda Civil de Tráfico informaron que o motorista faleceu no hospital.
Os feitos ocorreron ás dúas desta tarde na Rúa Adega da Igrexa, en Tremoedo, Vilanova. Alí foi localizado o motorista, tendido na calzada, semi inconsciente e respirando. Todo parecía indicar que sufrira unha caída, pois nin rastro doutros vehículos implicados. Así o explicou quen chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.
Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos axentes da Policía Local e a Garda Civil de Tráfico.
Logo de recibir os primeiros coidados, o motorista foi evacuado consciente ao centro hospitalario de referencia, sen embargo, faleceu posteriormente, tal e como indicaron os axentes da seguridade.
Cómpre engadir que este operativo contou tamén coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Vilanova.




