‘Padrón na lembranza’, un percorrido fotográfico pola historia da vila

22 Maio 2024

O libro ‘Padrón na lembranza’, editado polo propio Concello de Padrón, xa está á disposición de toda a veciñanza. Unha obra que recolle a historia da vila a través dunha rica serie de fotografías cedidas por José Ángel Rey Castro, presidente da asociación cultural Villa Petroni.

«Estas 319 páxinas son resultado dun arduo labor de busca e recompilación de planos, gravados, postais e estampas antigas de Padrón nas que se fai un percorrido histórico a través da arquitectura, incluíndo ademais os aspectos sociais e culturais de Padrón en cada un dos períodos», sinala o Concello.

Así, o libro amosa os diferentes cambios que sufriu a vila rosaliana co paso do tempo e serve de memoria gráfica do amplo patrimonio cultural, das festas, dos costumes e das tradicións, nalgúns casos xa perdidas.

Os exemplares desta obra están a disposición de todas as persoas interesadas, que poden recoller o seu exemplar na oficina de Turismo de luns a venres de 10.00 a 14.30 horas y de 16.30 a 19.00 horas.

«A veciñanza poderá gozar nas súas casas do libro ‘Padrón na lembranza’ totalmente de balde, ao tempo que dende o Concello convidan a  participar na segunda edición. Deste xeito, todas as persoas que desexen aportar material poden facelo na oficina de Turismo. A recompilación de novas fotografías servirá para continuar a documentar a historia da vila nun libro para o recordo», destacan.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.