O Conservatorio Felipe Paz Carbajal presenta unha nova edición do Xuño Musical

31 Maio 2024

O Conservatorio Profesional de Noia Felipe Paz Carbajal e a Área de Cultura do Concello de Noia presentaron a axenda do programa Xuño Musical 2024, un completo programa de actuacións que arrincará o xoves 6 de xuño ás 20.30 horas no Coliseo Noela cunha actuación do alumnado de grao elemental do Conservatorio.

Proseguirá o venres 7 ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Porto do Son co alumnado de piano; o xoves 20 ás 20.30 horas na Área Recreativa de Artón (Esteiro) co alumnado do Conservatorio de Noia e da Escola de Música Municipal de Muros; o xoves 27 ás 20.30 horas no Coliseo Noela co alumnado de grao profesional; e o venres 28 ás 21.00 horas na rúa do Curro co alumnado da Orquestra Banda e Coro.

Colaboran os Concellos de Porto do Son e Muros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.