O CD Unión de Asados lanza a cuarta edición do seu Campus de Verán

30 Maio 2024

O C.D. Unión, en colaboración co Concello de Rianxo, organiza unha nova edición do seu Campus de Verán, a cuarta convocatoria (masculina e feminina, con categorías de Fútbol 8 e Fútbol 11, do 24 de xullo ao 23 de xullo no Campo Municipal de Vilas).

Nesta cuarta edición, os rapaces e rapazas poderán gozar de vinte xornadas de actividades deportivas con moito fútbol e, segundo sinalaron os organizadores, “algunha outra sorpresa”.

Para inscricións pódese empregar o 650 53 74 27 ou o formulario habilitado en liña.

“Esta nova edición traerá novidades a nivel organizativo e a nivel de desenvolvemento dentro da propia actividade”, sinalaron.

As prazas son limitadas polo que recomendaron non demorar as reservas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.