Este venres inaugúrase no Museo do Gravado a mostra “Os Monos de Laxeiro”

28 Maio 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar este venres 31 de maio unha nova exposición, na sala 1 a partir das 12.30 horas. Trátase da mostra Os Monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa, procedente dos fondos da Fundación Laxeiro de Vigo e froito da colaboración entre esta entidade e a Fundación Museo de Artes do Gravado.

Participarán na inauguración o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e o director do Museo do Gravado, Pastor Rodríguez.

Tamén está previsto que asista o alcalde de Vigo, Abel Caballero e o director artístico da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján, entre outras autoridades.

A Fundación Laxeiro presenta unha proposta na que, por vez primeira, pódense ver todas as viñetas humorísticas que Laxeiro publicou na prensa, en concreto nos xornais El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, nos anos 1928, 1929 e 1930. Segundo as entidades impulsoras da mostra, esta é un acontecemento cultural de primeira orde, xa que nunca antes se vira este interesante traballo de Laxeiro na súa totalidade. Co gallo da exposición a editorial Laiovento publica o libro homónimo, no que reproduce a totalidade das viñetas (corenta e nove) acompañadas ademais con textos asinados por Manuel Igrexas, Félix Caballero e Javier Pérez Buján.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.