O Concello de Dodro segue nesta segunda metade de maio celebrando as Letras Galegas e este martes 21 inaugurou a primeira hora unha exposición que o equipo da Área de Cultura cualifica de “moi nosa”. Trátase da mostra fotográfica Escenas da memoria de Dodro que reúne imaxes antigas da vida comunitaria do municipio (paisaxes, veciñanza, celebracións) e estará accesíbel ao público de luns a venres, entre ás 9.00 e as 14.00 horas na Casa do Concello. A exposición está composta por 15 imaxes. Na inauguraron estiveron presentes o alcalde, Francisco Xabier Castro Tourís, e Xosé Ramón Brea Rei, veciño do concello, escritor e autor de varias das fotos que compoñen a exhibición. Ao longo deste ano percorrerá outros recantos do termo municipal de Dodro.




