Adxudicada a pavimentación da rúa Lorenzo Mariño de Aguiño

29 Maio 2024

O Concello de Ribeira vén de adxudicar a pavimentación da rúa Lorenzo Mariño na parroquia de Aguiño, cun orzamento de 132.225 euros e un prazo de execución de 2 meses.

Segundo explican fontes do Consistorio, a rúa Francisco Lorenzo Mariño é unha das vías con mais tráfico da parroquia de Aguiño, xa que se trata do principal acceso ao seu porto. Ademais, conta cun bo número de comercios e vivendas en ambas marxes da estrada, “polo que é unha rúa moi transitada”.

O Concello engade que a día de hoxe a rúa presenta un pavimento moi deteriorado, polo que se proxecta a mellora do pavimento mediante o estendido dunha capa de aglomerado e a incorporación de oito pasos de peóns elevados co obxectivo de fortalecer a seguridade viaria na rúa, e reducir a contaminación e o ruído.

A actuación, proposta polo actual equipo de Goberno xa no ano 2022, incluía a integración dunha plataforma única para eliminar as barreira para as persoas con mobilidade. “É preciso garantir accesibilidade universal para facilitar que todas as persoas poidan moverse libremente e sen obstáculos, prestando especial atención aos pasos de peóns”, explicou o alcalde Luís Pérez.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.