Abre o prazo de inscrición do Campus de Verán da Piscina Municipal de Rianxo

23 Maio 2024

A Piscina Municipal de Rianxo, xestionada pola firma BeOne, volve organizar este verán o seu campamento para todos os nenos
e nenas que queiran pasar, en palabras da empresa, “unhas vacacións diferentes, cheas de deporte e diversión”.

Máis concretamente o obxectivo de BeOne é “crear un ambiente saudábel e activo que afaste aos nenos do sedentarismo infantil. Caracterízase por unha oferta non só centrada no deporte onde poder gozar dunha ampla variedade de actividades acuáticas, así como outras disciplinas como multideporte, xincanas, natación, “senón tamén na diversión con obradoiros creativos, actividades coreográficas, excursións… que ademais favorecen as dinámicas de grupo”, engaden dende a empresa a respecto dos obxectivos do campamento.

As actividades desenvolveranse pola mañá. O servizo é contratábel por quendas semanais. Pódese complementar con outros servizos como a aula matinal (09:00 – 10:00), axudando á conciliación familiar e laboral. Poderán inscribirse os nenos e nenas de entre 3 e 13 anos, aínda que se distribuirán en grupos de idade. Ademais conta con descontos para irmáns.

As inscricións realízanse de forma presencial no centro deportivo situado na Rúa Rosalía de Castro 6. Pódense consultar os detalles na páxina web www.beone.es/campusverano e descargar o dossier informativo con prezos, actividades e horarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...