A praia de Río Azor (Ribeira) acolle este venres unha xornada colectiva de limpeza de lixo impulsada por FEGADO, Arnela e o Concello

30 Maio 2024


A FEGADO e o Club Arnela, en colaboración co Concello de Ribeira, súmanse a unha nova iniciativa do Proxecto Libera, que se celebra en toda España o próximo 1 de xuño, centrado en “coidar e concienciar sobre a sustentabilidade e a conservación dos entornos naturais, loitando contra a chamada basuraleza“. Con estes obxectivos e neste marco de traballo, aproveitaranse os acontecementos deportivos que se celebran esta fin de semana en Ribeira para convocar e levar a cabo unha recollida voluntaria e colectiva de lixo. A actividade de limpeza farase na praia de Río Azor o venres día 31 de maio as 20:00 h. Terá unha duración aproximada de 1h.
A actividade está aberta a todas as persoas que queiran participar.

Para colaborar nesta iniciativa deberemos deixar os nosos datos no formulario en liña habilitado.

O punto de encontro será na mesma praia de Río Azor.

A coordinación de dita actividade estará a cargo do responsable de medio ambiente da FEGADO.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.