A Pobra conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente con dúas retiradas de lixo na praia da Corna

30 Maio 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal súmase ao Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora cada 5 de xuño, con dúas xornadas de retirada de lixo na praia da Corna.

Estas limpezas de areais terán lugar nos domingos 2 e 16, de 10.00 a 14.00 horas, para facilita-la asistencia das persoas voluntarias.

Con relación a esta iniciativa, o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, manifesta que a Administración local continúa así con actividades de sensibilización entre a cidadanía para o coidado das contornas naturais, nesta ocasión, marítimas. Trátase, polo tanto, “dunha mostra máis do compromiso en materia medioambiental”, sinala, engadindo que previamente á celebración da xeira de traballo farase entrega de todo o material necesario para a retirada dos residuos e contarase coa colaboración da Protección Civil.

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que se inscriban no enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.