A Mostra Mares da Fin do Mundo xa ten datas en Ribeira: do 30 de outubro ao 3 de novembro

08 Maio 2024

O pasado 16 de abril, Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, Fernando Abraldes, concelleiro do Mar, Francisco Suárez-Puerta, segundo tenente de alcalde, Anxo Núñez Fernández, tenente de alcalde do concello de Outes, e Marcos Gallego, presidente da Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e director da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo (MDFDM), facían público o traslado da Mostra MDFDM dende o concello de Outes ao Concello de Ribeira. Tralas dúas primeiras edicións celebradas en Carnota, Outes acollía as catro seguintes, consolidando o formato, ampliando a súa duración ata as 5 xornadas e asentándose no circuíto galego coma un evento de identidade propia e diferencial. Este mércores 8 de maio facíanse públicas as primeiras datas desta nova andaina: a VII edición de MDFDM celebrarase no Concello de Ribeira do 30 de outubro ao 3 de novembro do 2024.

Nas vindeiras semanas, a Mostra MDFDM anunciará a apertura de inscricións para participar na súa competición oficial.

Dende a organización da Mostra resáltase o interese mostrado polo Concello de Ribeira para contar cun evento cultural asentado no panorama audiovisual galego, recordando a afirmación que o alcalde Luís Pérez facía hai pouco menos dun mes: “Esta mostra permitirá construír sinerxías moi positivas entre a arte, a cultura e o sector pesqueiro do noso concello”.

A Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo está organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e co patrocinio da Deputación da Coruña, do Concello de Ribeira e o apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla), é asinante do Pacto pola Cultura Sustentábel, membro da Federación Estatal de Coordinadoras de Festivales de Cine y Contenidos Audiovisuales en Pantalla, membro da plataforma Europea EU4Ocean e colaborador da FAO no Ano Internacional da Pesca Artesanal e da Acuicultura 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.