A Deputación rendeu homenaxe a Luísa Villalta no Teatro Colón

16 Maio 2024

O Teatro Colón acolleu este mércores 15 de maio a Gala das Letras Galegas da Deputación da Coruña, organizada pola Área de Lingua da entidade provincial. Foi en termos xerais unha homenaxe á poeta coruñesa Luísa Villalta a través dun espectáculo poético e musical inspirado en A Música Reservada, o seu primeiro libro de poemas publicado. A deputada de Lingua, a outense Soledad Agra, foi a encargada de abrir un evento diverso e multidisciplinar que enxalzou a poeta como “unha artista que cultivou múltiples artes e en todas elas destacou: violinista incríbel, poeta premiada, ensaísta, dramaturga, filóloga…”.

Soledad Agra salientou tamén o feito de que Luísa Villalta “é unicamente a sexta muller homenaxeada nos 61 anos de historia do Día Das Letras Galegas”, e rematou a súa intervención cunha invitación a “formar parte”, parafraseando á homenaxeada.

As poetas Yolanda Castaño e Dores Tembrás foron as encargadas de conducir o acto, comezando cunha invitación a desfrutar “deste espectáculo de sensacións sonoras e visuais para transmitir o universo da artista” e deron paso, dende a poesía, a cada unha das actuacións, coa posterior revelación de que “imos contar, por primeira vez, a verdade”.

Actuacións que comezaron coas oito mans e as voces de Lulavai, e continuaron coa performance de Eva Vieites, que apareceu por un lateral do patio de butacas para sorprender cunha voz cativadora expresando poesía e “verdade”.

Ao rematar, polo outro lateral chegaba a bailarina Janet Novás que, en palabras de Yolanda Castaño “tomou corpo e prodixio” para revelar un cúmulo de sensacións diversas e auténticas. Tras ela, os pulsos dos nenos e nenas da Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia interpretaron unha sinfonía de Bach cos seus “violinos” e, despois, encheu o silencio do Colón a voz da soprano Adriana Aranda coa composición de Hugo Gómez-Chao. Pechou o acto Mercedes Peón, acompañada do violín de Elena Vázquez Ledo, cun espectáculo híbrido de voz, sons tradicionais galegos e as cordas do “violino”.

A imaxe e o deseño de luces, de Xurxo Gómez-Chao e Dani Pais, respectivamente, tamén adquiriron unha nova dimensión, integrándose nesta gala multisensorial e performativa protagonizada pola obra e figura de Villalta.

Esta homenaxe forma parte de toda a programación que a entidade provincial levará a cabo no marco do Día das Letras Galegas, e que é “moi completa, como Luísa Villalta”, apuntou a deputada de lingua, Soledad Agra. “Unha autora que se revela contra os ditados sociais impostos no seu nacemento: na lingua, na poesía, na música, no activismo social e tamén na militancia política”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.