Xurxo Souto presenta “Somos un pobo de artistas” en Rianxo (este venres no Auditorio)

11 Abril 2024

Este venres 12 de abril ás 20:30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación de Somos un pobo de artistas: o método Luísa Villalta do músico, comunicador e escritor coruñés Xurxo Souto.

O acto, que comezará ás 20.30 horas do venres, está organizado por Música Galega e o Concello. Intervirán o autor, o músico Orjais, Félix Pimentel e Bernal Muíños.

Somos un pobo de artistas (Xerais) ten como punto de partida o libro O outro lado da música, a poesía de Luísa Villalta, a poeta homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Nesta obra, a poeta puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, Souto “penetra na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia”, procurándoa “especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.