Un centenar de integrantes da Asociación A Creba acudiu a unha exhibición da Garda Civil

10 Abril 2024

Unha trintena de usuarias e usuarios da Asociación Saúde Mental A Creba, entidade inclusiva con ámbito de actuación no Barbanza, asistiron este martes 9 de abril á exhibición de medios da Gardia Civil, iniciativa que tivo como escenario o municipio coruñés de
Abegondo. A Agrupación de Tráfico, TEDAX, USECIC, o Servicio Cinológico ou incluso un rescate do GREIM (Grupo de Rescate Especial de Intervención en Montaña) co apoio dun helicóptero son só algunhas das distintas unidades da benemérita que espertaron o interese das persoas participantes desta asociación.

Esta actividade enmárcase na política de inclusión e participación na vida comunitaria que se promove desde A Creba, buscando deste xeito unha mellora na súa rehabilitación psicosocial, ademais de facer visíbeis estas enfermidades, normalizando a súa vida social e rachando con eses estigmas existentes coas doenzas mentais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.