Rianxo e Padrón estreitan a súa histórica irmandade

03 Abril 2024

O alcade de Rianxo, Julián Bustelo, encabezou este martes 2 de abril a delegación da Corporación rianxeira que se desprazou ata Padrón para participar nos actos institucionais do Día de Rianxo (encadrado nas Festas de Pascua). Bustelo, que foi recibido polo alcalde Anxo Rei, asinou no Libro de Honra do Consistorio padronés e destacou a boa sintonía existente entre os dous municipios, “unidos non só por lazo históricos senón por unha intensa colaboración en políticas de diversa índole que buscan o mellor para a cidadanía por enriba das diferenzas partidistas”.

Os rexedores intercambiaron os bastóns de mando como símbolo de amizade entre as dúas localidades irmás e non faltou a tradicional ofrenda dunha coroa de loureiro diante da estatua de Rosalía de Castro, no paseo do Espolón, e diante da de Castelao, no Xardín Botánico. Na praza de Macías, representantes padroneses e rianxeiros escoitaron tocar as bandas dos respectivos municipios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.