O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social e coa colaboración da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza este mes de abril un obradoiro sobre a endometriose, doenza do útero que pode causar importantes trastornos nas mulleres que a sofren cando teñen a regra. A actividade desenvolverase o 9 de abril entre as 16:30 e as 20:30 horas no Auditorio de Rianxo. Imparten o obradoiro Ana María Sánchez García e Silvia Alvaro Rodríguez, enfermeiras especialistas en obstetricia e xinecoloxía da Área Sanitaria da Coruña. As inscricións están abertas a través do número 664 185 489.




