O grupo popular de Rianxo organiza unha xornada sobre violencia de xénero, este sábado no Auditorio con Noelia Míguez e Saladina Carrillo

11 Abril 2024

Este sábado 13 de abril vanse celebrar no Auditorio de Rianxo unhas xornadas sobre igualdade organizadas polo grupo municipal do Partido Popular coa colaboración do Concello. Comezarán ás 18.00 horas no salón de actos do dito inmóbel baixo o epígrafe Xornadas sobre a igualdade, tódolos días son 8M: Violencia de Xénero. A asistencia a estas xornadas é libre, segundo confirmou a organización.

Contarase coa presenza de Noelia Míguez Vázquez, co-autora xunto con Patricia Calveira do libro baseado en feitos reais Ocho señales. Cuestión de vida o muerte; e de Saladina Carrillo, nai de Ana Enjamio, vítima dun asasinato machista en Vigo.

Ficha do libro Ocho señales

Ocho señales. Cuestión de vida o muerte é un relato real de violencia de xénero, tan real como a vida mesma de Noelia Míguez, supervivente a tres anos de relación que culminaron cunha malleira mortal (8 puñaladas con varios obxectos cortantes, golpes, queimaduras e unhas tesoiras cravadas na cabeza).

Noelia é unha persoa real, de carne e óso, a súa historia non está adulterada, é tan real como o foi a súa relación. Ela di que a vida lle deu “unha segunda oportunidade e pensa vivila”.

Noelia descríbese como unha persoa aberta, con carácter, de ideas fixas e moi amiga dos seus amigos. Cando empezou a súa relación con Juan, o seu verdugo, tiña 19 anos e estaba a cursar 2°de Bacharel, tiña ilusións e proxectos de futuro…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.