O espectáculo familiar Paio e o poder da música da Compañía Oviravai chegará a Noia o venres 26 de abril no marco do programa de actividades das Festas de San Marcos. Será ás 19:00 horas no Coliseo Noela. Organiza a Concellería de Cultura de Noia que dir9ixe Pepe Pérez.
A peza lévanos de viaxe (musical) coa tripulación da nave soñadora, comandada por Roni, Kiki e Chamuco, que afronta o emocionante reto de conseguir que o seu amigo, o oso Aurelio, recupere a súa cabeciña nunha trama chea de música, cor e divertidísimas coreografías.
As entradas están dispoñíbeis en ATaquilla.com.
-Tarifa normal 2,50 € + gastos de xestión
-Tarifa nen@s, estudantes e xubilados 2,00 € + gastos de xestión
Público familiar (2 a 8 anos)
Duración 55 min
