O Concello de Rianxo celebra este 23 de abril con libros de agasallo

22 Abril 2024

Rianxo celebrará o Día do Libro agasallando cun exemplar a todas aquelas persoas que merquen un libro nalgunha das librerías do municipio o vindeiro martes día 23 de abril. Como explicou o tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Julio Alcalde, “a iniciativa non só pretende poñer en valor esta conmemoración, senón que tamén ten o obxectivo de premiar ás persoas que neste día tan senlleiro apostan polas nosas librerías e polo comercio local”. Así, cada veciña e veciño recibirá o libro de agasallo no momento de efectuar a compra na librería. “Trátase de obras únicas, relacionadas con Rianxo e a súa historia”, sinalou o concelleiro Julio Alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.