Morre un home de oitenta anos nun accidente de tractor en Oleiros- Ribeira

23 Abril 2024

Un home faleceu este martes nun accidente de tractor ocorrido en Ribeira, na parroquia de San Martiño de Oleiros, informa o servizo de emerxencias 112 Galicia.

Trátase dun home de 85 anos, José Cadórniga Cadórniga, que faleceu este mediodía no lugar de Salmón, na parroquia ribeirense de Oleiros, despois de que caese encima o tractor que conducía e que envorcou nunha zona en pendente, por razóns que se descoñecen.

Foron os veciños os que alertaron do suceso e ata o lugar desprazáronse efectivos dos servizos de Urxencias 061, amais dos bombeiros de Boiro do Grupo de Apoio ás Emerxencias e voluntarios de Protección Civil de Ribeira. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.