Bota a andar na Pobra unha nova edición da Marcha Populardo Barbanza

05 Abril 2024


O mes de maio botará a andar na Pobra do Caramiñal coa XXXVII Marcha Popular do Barbanza no día 1 que organizan conxuntamente a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal.
Ao longo de 20 quilómetros, o itinerario levará camiñando a lugares como Portocarro. A Ponte das Taras, Pontevella de Piñeiro, Ponte das Escobias, Fervenza de Cadarnoxo e outras paisaxes da serra ata concluír en Tállara, en Lousame.
Procederase coa saída ás 10.45 horas dende os Xardíns de Valle-Inclán e prevese a finalización arredor das 18.30 horas, con parada para o xantar.

Habilitarase servizo de autobús para o traslado das persoas participantes á volta.
“Apoiamos un ano máis a xa tradicional andaina que conxuga paisaxe e exercicio físico”, en palabras do concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, quen destaca a gran aceptación desta cita que no pasado ano contou con máis dun cento de camiñantes na expedición.
Durante todo o percorrido contarase coa colaboración da Protección Civil pobrense.
A inscrición é de balde e tramitarase no Departamento dos Deportes, con oficina na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 09.30 a 14.30 horas, ou mediante os teléfonos de contacto 981831545 e 619229946.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...