AGADEA (Galicia) e Mestieri Lombardía (Italia) impulsan en Rianxo a figura do auxiliar co-terapeuta para o coidado de dependentes

16 Abril 2024

Expertos no ámbito da dependencia de España e Italia congregáronse este 16 de abril en Rianxo para abordar novas metodoloxías na Formación Profesional e o acompañamento de persoas dependentes.

A primeira sesión deste Encontro Transnacional Erasmus Care4You, liderado polo IES Félix Muriel, coa Asociación AGADEA Alzhéimer e a entidade italiana Mestieri Lombardía, representou un novo e importante avance na procura de solucións innovadoras para a formación dos profesionais de atención a persoas con dependencia.

O encontro foi inaugurado polo director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta, Antón Acevedo, e contou coa asistencia do alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o concelleiro de Política Social de Boiro, Raúl Treus.

Ante un numeroso público,  formado por estudantes, entidades sociais, profesionais e familias, o director do IES Félix Muriel, Ramón Veiga, destacou a necesidade de “desenvolver novas habilidades no eido da atención a persoas en situación de dependencia”. Así puxo en valor a nova figura profesional do “auxiliar co-terapeuta”, que centrou boa parte da xornada, e que pretende completar a formación dos coidadores e coidadoras, poñendo especial énfase na importancia dos coidados especializados.

Isabel Gey, presidenta de AGADEA, e Stefano Radaelli, de Mestieri Lombardia, coincidiron na importancia de identificar as necesidades dos futuros profesionais do sector para proporcionarlles unha formación axeitada e centrada nas necesidades das persoas dependentes.

No encontro tamén participou o científico Carlos Spuch, investigador R4 do Grupo de Neurociencia Traslacional no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) co relatorio Novas fronteiras na enfermidade de alzhéimer, na cal ofreceu unha visión sobre o progreso e os desafíos na investigación desta doenza. Spuch subliñou un fito recente no eido da neurociencia: a aprobación por parte da FDA dos primeiros fármacos para tratar a enfermidade do alzhéimer nas súas fases temperás. Este logro, dixo, é o resultado de anos de avances científicos que “abriron novas vías de investigación” e permitiron unha “comprensión máis profunda da doenza”, explicou.

O doutor Spuch sinalou que “aínda que estes avances son prometedores, queda moito traballo por facer para garantir que os tratamentos cheguen a todas as persoas afectadas”, apuntou, engadindo que “nos vindeiros anos abrirase unha pequena esperanza para tratar esta terríbel enfermidade, pero para que cheguen a todas as persoas necesitaranse de moita investigación que forme á sociedade e predicir cal será o mellor fármaco para cada unha”, asegurou.

O encontro concluíu coa intervención do director técnico da Fundación Estel de Llevant, quen compartiu o Modelo de 3 Salut Mental: Os dereitos e as persoas no centro, salientando o a importancia de poñer ás persoas no centro dos coidados e garantir os seus dereitos no ámbito da saúde mental.

Julián Bustelo salienta unha atención de calidade

Na xornada participaron tamén o rexedor rianxeiro, Julián Bustelo, e o director xeral de Maiores da Xunta, Antón Acevedo.

O alcalde destacou a misión das administracións públicas en canto ao fortalecemento da formación e dos servizos no ámbito sociosanitario, “para blindar, neste mundo plural e envellecido, unha atención de calidade que responda ás necesidades complexas e diversas das persoas ás que servimos”. Lembrou ademais que dende o Executivo rianxeiro véñense impulsando nos últimos meses diferentes servizos neste ámbito: “Así, da man de AGADEA, púxose en marcha un centro terapéutico para persoas con alzhéimer, así como un programa de envellecemento activo que se prevé ampliar proximamente”.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.