A AECC de Ribeira realizará unha nova campaña os días 6 e 8 de abril con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Colon

05 Abril 2024

A campaña Xoga o teu papel chega a Ribeira con mesas informativas para o reparto de dípticos, vinilos e cartelería. O obxectivo é “conseguir que todas as persoas saiban que existe unha proba de cribado de cancro de colon, coñezan en que consiste e sobre todo que a fagan”, sinala a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cantro (AECC), encargada do desenvolvemento da campaña, que sinala que “é preciso animar a toda a poboación diana a facer o cribado, que a veciñanza de Ribeira faga a proba cando son convocados e conseguir pasar do 45% de participación actual ao 100%”. A detección precoz, explican, “é fundamental para combater o cancro”.

Ao abeiro desta iniciativa, Instalaranse mesas informativas o día 6 de abril pola mañá na rúa de Galicia, nos soportais do edificio da Caixa de Aforros, de 11 a 13 h; e na Lonxa de Ribeira o luns 8 de abril de 17.30 a 18.30 h. Na mesas informativas haberá folletos sobre o cancro de colon, kits para poder ensinar o sinxela e indolora que é a proba. Repartiranse tamén vinilos para instalar nos baños dos establecementos de hostalería e espazos públicos co lema da campaña: Xoga o teu papel na detección do cancro de colon.

O programa complétase coa instalación nas oficinas de farmacia e centros de saúde da cartelería informativa.

A Xunta Local de Ribeira da Asociación Española Contra o Cancro segue o seu labor dinamizador desde a nova sede organizando reunións con diferentes servizos da zona para informar dos programas xerados, e convocando charlas, talleres e eventos que atraian a novos veciños e viñas da comarca.

“A detección precoz de calquera cancro facilita moito o tratamento polo que saímos ás rúas para recordarlle á cidadanía a importancia de facer a proba”, lembran dende a asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.