Xogos tradicionais, ioga, pintura e música abren o programa de conciliación Lousame Concilia Semana Santa 2024

25 Marzo 2024

Os 20 nenos e nenas do Lousame Concilia Semana Santa 2024, de entre 3 e 12 anos de idade, inauguraron este luns 25 de marzo as actividades deste programa de conciliación elaborado polo Concello de Lousame para estes días de vacacións escolares. A iniciativa encheu as 20 prazas dispoñíbeis e que se desenvolverá nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas.

A concelleira de Educación e Igualdade, Silvia Agrafojo, visitou esta mañá á rapazada lousamiá “que estivo moi entretida coa programación que tiñan para esta mañá e que incluía xogos tradicionais, ioga, xogos musicais, arte e pintura…”. Para os próximos días están programadas tamén actividades como zumba, teatro, deporte, a busca do tesouro, contacontos, karaoke… e unha gran festa de fin de campamento o luns 1 de abril.

O programa Lousame Concilia está organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e conta coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e do Programa Corresponsables do Ministerio de Igualdade.

Outros artigos

Sábado con chuvascos e baixa da temperatura

O sábado Galicia queda na influencia das baixas presións que se situarán ao norte da Comunidade, deixando unha xornada de chuvascos localmente treboentos máis intensos no litoral e que irán a menos co avance da tarde, sendo pouco probables no interior pola noite. A...

+

Atopan o cadáver dun home no seu domicilio en Noia

Un home de 78 anos foi achado sen vida no seu domicilio. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Noia accedeu ao interior da casa a través dunha xanela, xa que non puideron abrir a porta, a cal estaba pechada con chave. O corpo sen vida pertencía a un residente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...