Volve a Noia o IV Ciclo da USC con media ducia de actividades sobre alimentación sustentábel, arte e plantas medicinais

01 Marzo 2024

Un ano máis o Concello de Noia e a Universidade de Santiago organizan o programa Camiños de Coñecemento e Experiencia, unha iniciativa para os maiores de 50 anos que se desenvolverá, no caso de Noia, entre os meses de marzo e abril na Casa da Cultura. O prazo de inscricións xa está aberto ata o 18 de marzo, no primeiro andar da Casa do Concello.

O programa formativo inclúe as seguintes actividades:

Seminario: Despilfarro alimentario e pegada ambiental nos alimentos. Imparte Gumersindo Feijoo Costa, catedrático de enxeñaría e profesor do Programa IV Ciclo. Será o 19 de marzo en horario de 16.30 a 18.00 horas.

Obradoiro práctico: Despilfarro alimentario e pegada ambiental nos alimentos. Imparte Imparte Gumersindo Feijoo Costa, catedrático de enxeñaría e profesor do Programa IV Ciclo. Será o 20 de marzo en horario de 16.30 a 18.00 horas.

Seminario: O gótico mariñeiro. Imparte Victoriano R. Nodar Rodríguez, profesor o Programa IV Ciclo da USC. Será o 22 de marzo en horario de tarde.

Visita a San Martiño e Santa María A Nova. Da man de Victoriano R. Nodar Rodríguez, profesor o Programa IV Ciclo da USC. Será o 5 de abril en horario de tarde.

Seminario: Plantas medicinais. Imparte Pilar Riveiro López, docente do Programa IV Ciclo da USC. Será o 15 de abril en horario de tarde.

Obradoiro específico de recoñecemento de plantas medicinais máis frecuentes en Galicia. Impartirá Pilar Riveiro López, docente do Programa IV Ciclo da USC. Será o 16 de abril en horario de tarde.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.