Ribeira pon en marcha un servizo integral para o coidado, o benestar e o control das colonias de gatos

11 Marzo 2024

A concelleira de Benestar Animal de Ribeira, Antía Alberte, presentou este luns 11 de marzo a nova xestión das colonias felinas no Concello trala concesión da subvención do Ministerio de Asuntos Sociais e Axenda 2023 a Callejeros Barbanza.

A concelleira destacou que o programa “incluirá actuacións de sensibilización, obradoiros e asistencia veterinaria aos gatos, así como a instalación de gateiras en zonas de colonias, nas que se instalarán unhas recomendacións básicas de como coidar e alimentar aos animais”. Do importe total desta subvención, uns 6.000 euros estarán adicados á castración polo método CER.

Antía Alberte destacou asemade a necesidade de regular a situación dos alimentadores de colonias felinas, para o que se fará unha formación específica, e se acredite ás persoas que poderán alimentar ás colonias. “Haberá ademais unha formación concreta para funcionariado do Concello” explicou, engadindo que “é precisa a concienciación e a sensibilización con respecto ás colonias felinas”. Os días 16, 23 e 24 de marzo realizaranse formacións para xestores de colonias e obradoiros para a cidadanía en horario de mañá e tarde.

Rosa, voluntaria de Callejeros Barbanza, explicou que a semana pasada xa comezaron coas capturas en diferentes colonias de Ribeira onde hai proliferación co obxectivo de acadar “colonias totalmente castradas” aínda que segundo explica, o aumento de gatos é considerábel debido a varios factores, entre eles destaca o abandono. Seguindo este fío destacou “a necesidade de educación e concienciación sobre os coidados que precisan estes animais en tódalas parroquias”. Finalizando lembrando que dende a asociación están a elaborar un censo de colonias, para o que piden a colaboración da veciñanza co propósito de poder actuar en tódolos grupos de gatos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...