
Este martes 5 de marzo botan a andar os obradoiros Muller e saúde organizados pola Concellería de Política Social do Concello de Rianxo co gallo do 8M, Día Internacional da Muller.
O primeiro dos obradoiros xirará en torno ao solo pélvico e realizarase no Auditorio de Rianxo entre as 16:30 e as 20: 30 horas, este martes. O Concello adianta ás persoas interesadas que será preciso acudir con esteira e toupa deportiva, dado que boa parte do obradoiro terá unha compoñente práctica.
Podemos apuntarnos no obradoiro a través do 664 185 489 ou a través da ligazón habilitada.
Máis actividade do Concello en Rianxo con motivo do 8M
A programación do 8M en Rianxo arrincou este sábado 2 de marzo cun coloquio con Mulleres Salgadas, unha charla protagonizada por cinco mulleres que traballaron toda a súa vida no mar. Desenvolveuse no Cuartel Vello.
A axenda prosegue este 8 de marzo ás 12.00 horas, haberá unha concentración de mandís na praza de Castelao da vila rianxeira, protagonizada polo alumnado dos centros educativos do municipio. Nesa mesma xornada do 8 de marzo ás 20.00 horas, celebrarase un acto institucional ás 20.00 horas no Campo de Arriba que virá acompañado dun concerto de The Tetas Van.
O 12 de marzo, ao abeiro do ciclo Muller e saúde, desenvolverase un novo coloquio no Auditorio de Rianxo a partir das 16.30, desta volta centrado na menopausa.
O sábado 16 de marzo proxectarase o filme Matria nas Escolas Vellas de Atalaia (Asados) a partir das 20.00 horas. A axenda rematará o 19 de marzo a partir das 16.30 horas cun coloquio sobre a menarquía do ciclo Muller e saúde.



