Porto do Son acolle en xullo un campamento musical para rapazas e rapaces de 7 a 16 anos

25 Marzo 2024

O concello de Porto do son vai acoller este verán un campamento musical para a rapazada de 7 a 16 anos: unha actividade estival creativa e participativa que incluirá no seu programa obradoiros musicais, sendeirismo, actividades na praia, veladas nocturnas e un concerto final.

O campamento Tremulus Music Camp (Multiaventuras na Costa do Son) desenvolverase do 7 ao 13 de xullo. As prazas son limitadas e as inscricións cómpre facelas até o 31 de maio a través da web LRCPiano.com.

Podemos solicitar máis información a través das seguintes contas de correo electrónico e dos seguintes teléfonos: campamentos@academiademusicakairos.es 659853211
lrcmusicpiano@gmail.com 699039270.

Esta actividade está organizada pola Academia de Música Kairos, situada en Vigo, e a ESMUPS (Departamento de Piano), situada en Porto do Son coa colaboración do Concello de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.