Plantan máis dun cento de castiñeiros no monte de Froxán en Lousame para reducir o risco de incendios

30 Marzo 2024

Este sábado, a pesar da intensa chuvia, continuaron avanzando os traballos de voluntariado forestal da man do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC), que mobilizará ata finais de 2025 medio milleiro de voluntarias e voluntarios de todas as idades para amosar cómo é posíbel transformar os territorios, protexéndoos fronte ás ameazas e poñendo en valor os aproveitamentos multifuncionais do monte.

Na intervención realizada na Área Conservada pola Comunidade de Froxán, en Lousame (A Coruña), recoñecida polo Programa da ONU para o Ambiente desde 2017, unha vintena de voluntarias plantaron máis dun cento de castiñeiros e participaron nun obradoiro de poda forestal. Trátase dunha experiencia piloto de ‘cortalumes verdes’, infraestruturas forestais que integran especies máis resistentes ao lume e forman espazos resilientes con maior biodiversidade e posibilidades de uso multifuncional.

Ata finais de 2025 organizaranse 20 xornadas deste tipo nas montañas de Ancares, O Courel, Laza, Negueira de Muñiz, Cangas de Narcea e Tineo, como parte deste proxecto no que participan a Fundación Juana de Vega, a Fundación CEER, CETEMAS, Montescola e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Ademais das xornadas de voluntariado forestal, o proxecto CAPRIF-CC creará unha rede de ‘Living Labs’ nos territorios nos que se levarán a cabo numerosas actividades de innovación aberta, formación e co-creación buscando a dinamización económica no ámbito forestal e os usos multifuncionais. Tamén se elaborará un mapa de talento e un atlas de boas prácticas para pór en valor e divulgar as experiencias de conservación comunitaria e xeitos de xestión positivos en termos de fomentar territorios resilientes e biodiversos.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.