Os Populares de Ribeira preguntan ao Concello polas moreas de cascallo do estacionamento público en Deán Grande

15 Marzo 2024

O PP de Ribeira, a través da concelleira María José Sampedro Fernández, presentou unha pregunta para ser debatida en pleno relativa á morea de cascallos que foi localizada nunha finca en Deán Grande habilitada polo anterior equipo de goberno como estacionamento público, co obxectivo de dar solución “á problemática do aparcamento dos coches para residentes habituais, que se agrava durante a época estival pola proximidade da praia de Coroso e polas múltiples vivendas de uso estacional da contorna” . A propiedade foi alugada como solución a esta incidencia e consiste nunha parcela que, en palabras dos populares, “daba cabida ás necesidades do barrio para uso e desfrute de veciños e visitantes”.

E explican: “A nosa sorpresa foi cando recentemente a veciñanza acudiu a nós desencantada co trato que dito barrio estaba a recibir por parte do Goberno tripartito e, concretamente, polo vertedoiro no que o goberno municipal converteu o aparcamento deixándoo complemente inutilizado logo de acumular restos e restos de escombros e outros materiais nun lugar que nin é apto para depositar ese tipo de residuos nin está destinado a ese fin”. E engaden: “Nin o barrio de Deán nin os seus veciños merecen ter ese esperpento á porta da casa e que se utilice como estercoleiro; e o que é aínda peor: privando á veciñanza de desfrutar e dispoñer dun servizo que teñen dende fai anos e polo que o concello pagar para un fin que non é o utilizado”.

Polo exposto, o PP presenta a seguinte pregunta: “Cal é o motivo do depósito de residuos nunha finca que ten como fin o aparcamento de vehículos e cando pensan retiralos, xa que levan alí dende o mes de decembro privando á veciñanza de facer uso do mesmo?”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.