O pleno do Concello de Rianxo aprobou por unamidade iniciar a tramitación do expediente para declarar aos Rosales Fillos Predilectos

01 Marzo 2024

O respaldo partiu dunha moción do BNG que recollía o sentir de moitos músicos e músicas de todo o país.

No texto da súa moción o BNG salientaba as achegas á cultura e música do país as realizadas polos músicos e músicas populares das que dan boa conta os historiadores Xesús Santos e Xosé Comoxo no seu libro Rianxo,Terra de Músicos con máis de 274 entradas nese volumeAo frente de todos irían Xosé Romero e Maruxa Miguéns, Os Rosales, parella musical que levaron por todo o mundo os sons do país e o nome de Asados e de Rianxo. Afinación, tempero e espírito de Galiza un piar da súa filosofía musical defendida a capa e espada por todos e cantos recantos pasaron.

Xosé Romero magoadamente finou no ano 2021 e foi enterrado en Asados mais Maruxa Miguéns está afortunadamente conosco, presente. O libro monográfico de Editoral Canela, titulado Os Rosales.O son da festa contén como ben sinala a historia de toda unha vida de loita e superación, cuxo motor recorrente foi e é unha constante paixón pola música tradicional.

A biografía de ambos podése seguir e iniciar no ano 1930 onde unha crianza xoga cunha cana e unha vincha de porco como fol. Desde eses comezos en épocas de privacións e escuridade chegará ao máis alto da música tradicional creando o grupo Os Rosales en 1952, que marcará unha época de grandes gaiteiros para a bisbarra de Arousa e a todo o país, conectándose cos Campaneiros e Areeiras ou o propio Ricardo Portela. Tamén se sinala o seu paso polo cuarteto Aires da Nosa Terra xunto aos irmáns Carou.

Ao cuarteto, formación clásica desde os Gaiteiros de Soutelo de Montes do célebre Avelino Cachafeiro, integrou felizmente a muller, Maruxa, a comezos dos anos sesenta para presentar as pezas, cantar e tocar varios instrumentos de percusión. Á mestría compositiva e interpretativa de Xosé Romero uniuse así a versatilidade e ampliación dos rexistros que daba a voz de Maruxa e xuntos, compartiron palco coas mellores orquestras. E é que como o gran Portela fixeron causa común para ocuparen letras grandes dos programas festeiros e dignificar a música do país.

Primeiro Maruxa, axiña os fillos e fillas, iranse sumando á paixón dos pais para chegar a gravar dous discos, participar en ducias de programas de televisión e compartir actuacións con Andrés do Barro, Milladoiro, Amancio Prada.

E centos de actuacións con con grupos coetáneos do panorama tradicional amenizando as festas e romarías tradicionais e viaxando a Bélxica ou Suiza epicentros da colectividade galega no exterior.

Xosé Romero e Maruxa ademáis non se gardaron para sí a súa arte musical, encargáronse tamén de transmitila ás novas xeracións fundando diferentes agrupacións como a do Centro Cultural Simón Varela de Asados, A Relinga de Muros ou Ollando as Cercas de Isorna, entre otras, ás que ensinou ou seu repertorio. Destas ensinanzas dan boa proba o actual Rio de Anxo, que recolle todo o sabor do repertorio do mestre.

Por todas esta pensou o BNG existían sobradas razóns para promover que Xosé Romero a título póstumo e Maruxa Miguéns reciban a meirande distinción que o Concello de Rianxo pode outorgar aos seus fillos e filas máis ilustres: o de Fillo e Filla Predilectos. Unha distinción que dignifica tamén en certa medida aos músicos populares do noso concello e á nosa música tradicional ao declarar que tamén desde ela se constrúe a cultura e nos encamiña a unha sociedade mellor dunha terra con conciencia e identidade de seu. Uniranse deste xeito ás persoas que máis teñen contribuido a que Rianxo sexa terra fértil para a cultura do País.

Esta moción foi respaldada por textos de varios referentes culturais do Concello, da bisbarra, e fora dela como o asinado por Xaneco Tubío, presidente da Asociacioón de Gaiteiros Galegos e Galegas dicindo:

Xuntos levaron a Asados e Rianxo polo mundo adiante. Moitos de nós, identificamos a vosa vila con Xosé e Maruxa. A nosa asociación nos últimos anos ven de organizar diferentes encontros e xornadas formativas no Concello de Rianxo grazas á súa presencia nel, e ao apoio do goberno local. Dende unha homenaxe ós propios protagonistas (que xuntou arredor de 250 persoas no Auditorio) a xornadas tales como: A gaita no mar, Xornadas de Tradición en Feminino e moitas outras.

Tamén José Luís Dopico, Músico, Director do CEP X. Ma. Brea Segade de Taragonha e Membro da diretiva da Irmandade da Música Galega que sinalou: A través deste escrito, queremos manifestar o nosso apoio a declaração de filha predileta e filho predileto do Concello de Rianxo a Eclíptica Órbita Miguéns Lustres, Maruxa, e a Xosé Romero Suárez. Ambos são figuras rianxeiras cimeiras da cultura musical galega, baseando sua importância no desempenho do seu oficio de gaiteir@s, buscando, em todos os momentos, a excelência.

Santos e Comoxo, antes mencionados, sinalaron aos Rosales como os mellores embaixadores de Rianxo nos escenarios de Galicia e especialmente sinalan a súa contribución desde a vocación á igualdade, creatividade e innovación.

No acordo plenario aprobado onte por unanimidade faculta ao Alcalde a iniciar o expediente tras o que se realizaría un acto público no que varias asociacións de músicos e agrupacións expresaron o seu desexo de participar para que sexa unha festa musical de homenaxe a dous dos grandes da música do País.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...