O percebe de Aguiño celebra unha nova edición da súa festa coincidindo co 100 aniversario da Confraría

27 Marzo 2024

Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron este mércores 27 de marzo a vindeira edición da Festa do Percebe de Aguiño. Fixérono xunto a Manuel Ángel Reiriz, presidente dos Mariscadores e José Antonio Santamaría, patrón maior de Aguiño. O evento, sinalaron, celebrarase o vindeiro 28 de xullo.

Vicente Mariño destacou o compromiso do Concello de Ribeira para dar “un impulso a este evento gastronómico no eido cultural e promovendo o seu impacto social, para converter esta festa nun evento de interese turístico a nivel nacional”.

Pola súa banda, o patrón maior José Antonio Santamaría, destacou que este ano celébrase o 25 aniversario desta festa, “que comezou grazas a un grupo de xente que se interesou en destacar a calidade do produto da Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, que cumpre tamén 100 anos”. Santamaría explicou que nesta edición repartiranse pratos duns 350 gramos aproximadamente, e estímase servir 1 tonelada de produto.

O presidente Manuel Ángel Reiriz, explicou que a escolla da data correspóndese coas mareas vivas, co propósito de aportar “o mellor percebe posible”. O concelleiro do Mar, Fernando Abraldes destacou amais a posta en valor do percebe de Aguiño que supón a celebración desta festa, e finalmente, o concelleiro Francisco Suárez-Puerta informou que o evento estará amenizado coa música do grupo Leite con Galletas e reafirmou o compromiso do Goberno local para elevar esta celebración gastronómica e turística no eido nacional.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.