Domingo tregua na choiva e temperaturas en ascenso

16 Marzo 2024

Durante o domingo agárdanse ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes no litoral da provincia da Coruña e con probabilidade dalgún illado e ocasional no resto da Comunidade. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur frouxos, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do noroeste á noite, forza 2 a 4 á mañá, 1 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

A cestaría marca o inicio dos obradoiros de artesanía na Pobra

Cestaría, macramé, cerámica, madeira e xabóns son os obradoiros de artesanía Feito coas túas mans que se imparten na Pobra do Caramiñal dende a Concellaría da Participación Veciñal na determinación de "seguir dinamizando o rural levando actividades aos centros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....