Catorce mulleres fórmanse en preparación de peixes co Programa Integrado de Emprego de Boiro no que colaboran Rianxo e A Pobra

20 Marzo 2024

O Concello de Boiro desenvolve durante o curso 2023/2024 un Programa Integrado de Emprego coa colaboración dos concellos de Rianxo e A Pobra destinado a 100 mulleres desempregadas da comarca. Catorce das alumnas participaron nunha formación sobre preparación de peixes para a industria alimentaria.

As alumnas recibiron formación en procesado, corte, conservación e preparación de diferentes pezas para a súa venda ou procesamento industrial. Tamén recibiron formación para a identificación dos contaminantes dos alimentos e en aplicar a normativa vixente en seguridade e hixiene co fin de asegurar a cadea e a rastrexabilidade (trazabilidade) alimentaria.

O Programa Integral de Emprego está destinado a 100 mulleres da comarca inscritas como demandantes dun posto de traballo que, durante un ano, reciben formación específica e tamén participan en xornadas formativas destinadas a mellorar as súas habilidades para mellorar a empregabilidade e a inserción laboral. A formación deste curso consta de módulos formativos de envasado, acondicionado e embalaxe de produtos alimentarios; sistemas e procesos loxísticos; mercadotecnia en liña; atención ao cliente; preparado de produtos do mar…

Ademais da formación en módulos específicos, o programa inclúe outras accións transversais como a formación para a mellora da empregabiliade, formación en habilidades sociolaborais, idiomas e novas tecnoloxías, prospección de ofertas, deseño de currículos… Todas as participantes contan cunha bolsa de asistencia de 10 euros/dia e un módulo de prácticas específicas en empresas da comarca.

O Programa Integrado de Emprego 2023/2024 do Concello de Boiro no que colaboran os Concellos da Pobra e Rianxo está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...