Ábrese en Ribeira o prazo de matrícula das accións formativas da USC para maiores de 50 anos

21 Marzo 2024

O proxecto Camiños de Coñecemento e Experiencia impulsado pola Universidade de Santiago coa colaboración dos Concellos e co obxectivo de achegar formación a persoas maiores de 50 anos sen necesidade de achegárense a Compostela, chega á súa oitava edición en Ribeira, onde xa está aberto o prazo de matrícula.

Segundo explicou o Concello, “estas xornadas de estudo universitario para persoas de máis de 50 anos contribúen á posta en valor e democratización do coñecemento, que son unhas das finalidades fundamentais do IV Ciclo da USC nun chamamento á formación continua tamén fóra das cidades universitarias”.

O programa realizarase os días 17, 19, 22, 24, 25 de abril e 2 de maio en horario de 16.30 a 18.00 h no Auditorio Municipal de Ribeira.

Esta formación inclúe un seminario sobre Historia da fotografía e obradoiro con cámara escura con Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica; o seminario e obradoiro Para que nos serven os insectos con José Carlos Otero González, Profesor Emérito da Facultade de Bioloxía; e outro seminario sobre Diego Xelmírez con Victoriano Nodar Fernández.

A matrícula está aberta ata o 12 de abril de 2024. Para matricularse é preciso que sexan persoas maiores de 50 anos e que envíen un correo electrónico co nome e apelidos, nº de DNI, lugar de residencia e teléfono de contacto a normalizacion@ribeira.gal; ou no teléfono do 981835650 do Centro Cultural Lustres Rivas de 9 a 14 h de luns a venres.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.