A Deputación da Coruña presenta, con motivo do mes da muller, unha mostra moi especial para coñecer a fondo o traballo das autoras e creadoras de toda a provincia, denominada “A volta á provincia en 52 autoras”.
A exposición, que inclúe obras de 52 autoras do territorio da provincia, estará dispoñible no vestíbulo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante os meses de marzo, abril e maio.
Ao longo do ano 2023, a Biblioteca Provincial realizou un destaque semanal dunha autora dalgún dos concellos da provincia da Coruña. Agora, tomando como base esas 52 semanas, a mostra propón un percorrido por cada un dos municipios dun xeito ameno e reivindicativo a través da obra das autoras, exemplificadas con volumes representativos do fondo bibliotecario. Para acompañar o percorrido hai un mapa virtual coas autoras propostas, xunto aos que se colocan códigos QR para complementar a información.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que a actividade, enmarcada nas actividades da institución provincial con motivo do 8M, “pretende visibilizar a contribución dalgunhas das principais autoras da provincia da Coruña á nosa literatura”.
A deputada de Igualdade, Soldedad Agra, sinalou a importancia de “dar a coñecer a obra, moitas veces silenciada, de creadoras de diferentes disciplinas artísticas”, apuntou. “Esta mostra é o exemplo do bo facer das nosas autoras, que sitúan á provincia no mapa literario pola gran calidade e talento que ofrecen”, engadiu. “É necesario, dende as institucións, darlle voz e espazo ás mulleres e ao seu traballo, non so no ámbito literario, como é o caso, senon en todos”.
Esta iniciativa nace coa idea de promover e recoñecer ás protagonistas, tentando chegar ao público da Biblioteca Provincial a través da posta en valor das súas obras.
Pódese ver o mapa virtual con todas as autoras e as súas localizacións na seguinte ligazón: https://acortar.link/77htp8
As autoras que se inclúen na exposición son as seguintes:
| Abegondo | Ana Pardo |
| Ames | Mariña Pérez Rei |
| Ares | Matilde Felpeto Lagoa |
| Arteixo | Araceli Freire Cedeira |
| A Baña | Carme Varela |
| Bergondo | Dores Tembrás |
| Betanzos | Sara Fraga Pérez |
| Boimorto | Carme López Taboada |
| Boiro | Charo Lopes |
| Cee | Concha Blanco |
| Culleredo | Pillar Pallarés |
| Ferrol | Lola Beccaria |
| Fisterra | Branca Vilela |
| A Laracha | María Rei Vilas |
| Malpica | Marta Villar |
| Mazaricos | Mª del Carmen Rey Núñez |
| Melide | Mary Quintero |
| Miño | Lúa Mosquetera |
| Mugardos | Teresa Cameselle |
| Muros | Ánxela Lema París |
| Narón | Ana Varela miño |
| Neda | Mariola Hermida |
| Noia | Ana Romaní |
| Ordes | Eli Ríos |
| Oroso | Andrea García Martínez |
| Ortigueira | Sara Vierna |
| Outes | Valentina Formoso |
| Padrón | María dos Anxos González Refoxo |
| A Pobra do Caramiñal | Ana Boullón |
| Ponteceso | Diana Varela Puñal |
| Pontedeume | Eva Veiga |
| As Pontes | Medos Romero |
| Porto do Son | Blanca-Ana Roig |
| Rianxo | Esther F. Carrodeguas |
| Ribeira | María Xesús Blanco |
| Sada | Vanesa Santiago |
| Santa Comba | Carmen Blanco Ramos |
| Santiago de Compostela | Cristina Sánchez Andrade |
| Teo | Pilar García Rego |
| Valdoviño | Rosa Aneiros |




