“Rue Franklin”, o novo sinxelo de The Rapants, xa está dispoñíbel

14 Febreiro 2024

Rue Franklin, o novo tema da banda muradá The Rapants, xa está dispoñíbel nas principais plataformas dixitais. Trátase do segundo avance do LP La máquina del buen rollo, álbum que se publicará nas vindeiras semanas e para cuxa festa de presentación (unha dobre celebración que terá lugar os días 23 e 24 de marzo na Sala Capitol de Santiago) xa non quedan entradas. 

Rue Franklin, cuxo nome rende homenaxe a unha vía de Bruxelas coñecida pola bandam é un tema de esencia disco, dando así continuidade á liña marcada por Blaster W4u, o primeiro sinxelo do LP, aínda que desta volta a creación é máis rockeira e enérxica; algo que tamén acontece con outros temas dun álbum cuxa variedade estilística poderá escoitar o público a partir do mes de marzo.

O novo adianto de La máquina del buen rollo tamén conta cun videoclip, dirixido nesta ocasión por Manu Seoane. “Vivimos mil anos en un” canta The Rapants no tema, unha idea que serve como punto de partida para que tanto os catro membros do grupo coma a parella protagonista (interpretada por Eva Ramudo e José Santamaría) viaxen desde o salvaxe oeste até os anos 80.

Rodada en localizacións como a Discoteca La Luna de Pontevedra, ou na Hípica e Granxa Escola Bergando de Negreira, a peza audiovisual pódese ver a través de Youtube. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.