Remata febreiro con chuvascos ocasionais e baixa da temperatura

28 Febreiro 2024

O xoves Galicia quedará na influencia das baixas presións situadas ao norte das Illas Británicas que enviarán unha fronte fría. Así, comezaremos a xornada cos ceos nubrados e chuvascos, ocasionalmente de sarabia e acompañados de tormenta, perdendo frecuencia e intensidade co paso das horas. A cota de neve quedará arredor dos 800-1000 metros. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos e as máximas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará moderado do noroeste, forte no litoral.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e do oeste á noite, forza 5 a 6 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 3 metros á mañá e 3.5 a 4.5 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...