Outes recibiu o primeiro dos vehículos para o uso persoal do SAF, financiado pola Deputación

09 Febreiro 2024

Esta semana o Concello de Outes recibiu o primeiro vehículo para uso do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), financiado pola Deputación da Coruña acorde á resolución do 15 de Maio de 2023.

Esta medida da Deputación ten como obxectivo realizar un apoio económico ás entidades locais de menos de 20.000 habitantes para a mellora da prestación esencial do SAF.

Os concellos que reciben esta axuda son Mañón, Carnota, Aranga, Ortigueira, Oza Cesuras, Tordoia, Outes, As Pontes, Irixoa e As Somozas.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou recentemente que esta nova liña “pretende dar solución a unha das principais demandas que nos trasladan os pequenos municipios que xestionan directamente os servizos de axuda no fogar, como é o desprazamento do persoal en distancias que ás veces, sobre todo nos concellos rurais, son  de moitos quilómetros e que ata agora viñan asumindo con vehículos particulares”.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, enmarcou esta nova liña de axudas “na estratexia de mellora continua que estamos a aplicar nas políticas sociais da Deputación da Coruña, reforzando non só o persoal e as horas se axuda no fogar que financia a Deputación, senón tamén cuestións coma os desprazamentos que ata agora non estaban contempladas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.