18F: O PSdG comprométese a mellorar as infraestruturas do Barbanza

15 Febreiro 2024

O secretario xeral do PSdeG provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, visitou este xoves 15 a a feira de Noia, onde comprometeu a mellora das infraestruturas e a mobilidade do Barbanza fronte a “15 anos de incumprimentos da Xunta do PP”, sinalou, acompañado do voceiro socialista local Fran Pérez e da candidata boirense María Outeiral.

Fernández Piñeiro sinalou que “esta comarca ten moitas necesidades, que levamos trasladando dende o Partido Socialista ao longo destes anos, pero o Partido Popular non escoita ningunha delas”. E engadiu: “Levamos dende hai anos denunciando o pésimo funcionamento do transporte metropolitano, mentres vemos que Alfonso Rueda fai un vídeo indo en autobús polo rural, onde calquera persoa sabe que non hai autobuses froito do seu abandono; vemos como a xente queda tirada nas paradas porque non pasa o bus, porque este está avariado ou porque non hai sitio, mentres a conselleira Ethel Vázquez di que todo está ben”.

Fernández Piñeiro recalcou o compromiso do PSdeG coa veciñanza do Barbanza de “garantir a converxencia da bisbarra co resto de Galicia en materia de mobilidade e infraestruturas, traballando como xa fixemos no anterior goberno bipartito”.

Por outra banda, Fran Pérez destacou que “o Partido Socialista é quen de presentar, ademais dun programa xeral sólido, solucións concretas para as distintas comarcas, facendo propostas como a da modificación da vía que une Noia e Boiro”. Na súa opinión, “esta demanda é compartida por toda a veciñanza da zona, xa que a vía ten uns problemas moi importantes nos que a Deputación leva os últimos anos investindo grandes cantidades de cartos, pero esta non ten recursos suficientes”. Pérez apostou por “transferir a titularidade desta vía á Xunta para dende aí afrontar un proxecto definitivo para esta infraestrutura fundamental”.

María Outeiral sinalou que “outro problema é o do corredor entre Noia e Santiago, que leva 12 anos parado e que aparece ano tras ano nos orzamentos da Xunta sen que se execute nada”. E engadiu: “Están os terreos expropiados e sabemos que se pode facer, e máis ao tratarse dun traxecto moi importante para milleiros de persoas que se trasladan a traballar ou ao médico”.

Outeiral apuntou que “todos osconcellos da comarca levan anos reclamando diferentes infraestruturas, porén, a conselleira Fabiola García prometeu nun mitin hai uns días en Ribeira un novo centro médico en Noia”, afirmou Outeiral, engadindo que “sabemos que é mentira, porque non está nos orzamentos deste ano, é un insulto á veciñanza da comarca”.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.