O Concello de Boiro activa este domingo o Tren dos Entroidos

15 Febreiro 2024

Quen quedase con máis ansias de troula neste Entroido, vai ter unha ración extra de festa esta fin de semana. Por exemplo en Boiro, onde as parroquias celebran cadansúas cerimonias de queima/enterro de personaxes (O Farruco, A Cunca, O Óso, O Felipiño) e onde o Concello quixo facilitar a participación veciñal (e turística) a través dun vehículo específico para visitar as actividades. Disto encargarase o Tren dos Enterros, que percorrerá o domingo os enterros tradicionais que se celebran nas distintas parroquias. Ás 11 visitará Cabo de Cruz levar aos pasaxeiros ao Enterro do Farruco (ás 11.30 desfile), ás 13.30 estará en praia Xardín para despedir A Cunca, ás 16.30 en Abanqueiro para o Enterro do Óso, e ás 18h en Escarabote para soterrar ao Felipiño.

O tren vén da man do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.