Noia Histórica activa a Campaña de San Valentín

08 Febreiro 2024

A asociación de empresarios Noia Histórica puxo en marcha a nova edición da súa Campaña de San Valentín. Fíxoo co obxectivo de reivindicar o comercio local de cara á celebración do 14 de febreiro e cunha campaña de “imaxe minimalista” e unha mensaxe sinxela (Quérote) que é un chamamento a sumarnos á conmemoración do Día dos Namorados, estendendo este sentimento e esta fidelidade ao tecido comercial de proximidade. “Na campaña Quérote”, explican dende Noia Histórica, “repartimos entre 70 comercios da vila un cartel ca imaxe da promoción e 2.000 piruletas con forma de corazón para entregar aos clientes polas compras do 14 de febreiro”. A imaxe estará presente tamén nas pantallas dixitais de San Lázaro e Rosalía de Castro. Esta campaña está subvencionada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.