Na mañá deste luns 12 de febreiro celebrouse na entrada do Consistorio de Noia un minuto de silencio en memoria dos dous gardas civís falecidos a pasada fin de semana en Barbate, Cádiz, arroiados por unha lancha de narcotraficantes. Alí estiveron presentes membros da Corporación municipal, traballadores do Concello e membros da Policía Local de Noia e da Garda Civil; ademais de varios veciños que se achegaron á porta do Consistorio. “Dende o Concello de Noia queremos amosar todo o noso apoio e solidariedade coas familias e amigos das vítimas”, sinalaron as e os participantes na homenaxe.




