Son once as confrarías que, xunto cunha asociación de armadores (Asociación de Armadores do Porto de Vigo, ARVI) reciben preto de 650.000 euros que a Xunta destina a melloras en infraestruturas e equipamentos de lonxas e portos. Mais, curiosamente, sendo a comarca do Barbanza unha das máis importantes de Galicia en materia pesqueira e marisqueira, nen un só dos seus portos figura na listaxe dos beneficiados nesta oportunidade.
Nen Ribeira, nen Aguiño, Corrubedo, Palmeira, Portosín, Porto do Son, Noia, A Pobra, Boiro, Cabo de Cruz ou Rianxo van verse beneficiados na edición deste ano dos fondos Fempa que contemplan un total de 17 proxectos para avanzar na seguridade e condición de traballo do mariñeiros,, na eficiencia enerxética e protección ambiental, amáis da conservación do peixe e marisco e a súa trazabilidade.
A convocatoria prevista para este ano -aberta ata o 29 de febreiro- contempla unha liña de acción de arredor de 10 millóns de euros ata 2025, coa novidade de favorecer medidas que preparan as dársenas fronte ao cambio climático. Mais, coñecendo o estado lamentable no que se atopan os portos barbanzáns, que non apareza nen siquera un deles na listaxe da Consellería do Mar chama a atención, como mínimo.
Na resolución dada a coñecer este luns (a segunda para 2023) favorécese una iniciativa de ARVI que contará con 114.700 euros de apoio; dúas actuacións do pósito de Cambados que suman 107.580 euros e outras dúas de Ares con preto de 91.700 euros. Cangas rolda un apoio de 73.700 euros e as outras confrarías con respaldo de diferente contía son as de Sada, Barallobre, Camariñas, Lira, Burela, Santa Tegra, Pontedeume e Vilaxoán.
Destas axudas -o FEMPA cubre o 70% do investimento e a Xunta o 30% restante- benefícianse tanto as confrarías como as agrupaciòns de interese econòmico do sector pesqueiro, organizacións de produtores de pesca, cooperativas, asociacións profesionais de persoas mariscadoras e de redeiras.
Entre 2023 e 2025, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro prevé destinar 10 millóns de euros a obxectivos colectivos de modernización das instalacións que utilizan os profesionais do mar nos portos, estratexia que se integra nun Plan de Equipamentos Pesqueiros de Galicia 2030, que permitirá, xunto a Portos de Galicia, mobilizar investimentos totais ercanos aos 35 millóns de euros.
Compre supor que, aínda que non sexa moito,, se lle dea á comarca do Barbanza o que verdadeiramente merece e precisa.