Fin de semana con chuvascos intermitentes

09 Febreiro 2024

O sábado Galicia quedará influenciada polas baixas presións con moita inestabilidade atmosférica debido á entrada de aire frío. Así que, esperamos un día con intervalos nubrados e chuvascos, localmente treboentos acompañados de sarabia, que irán remitindo co avance da xornada. A cota de neve arredor dos 800 metros, poderanse ver folerpas puntualmente por debaixo, subindo a cota a 1000 metros ó final do día. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará do noroeste moderado en xeral, sendo forte no litoral.

Atención para sábado 10

Situación moi complicada no mar. Mar combinada do noroeste con ondas superiores aos 5 metros. Entre Fisterra, Sisargas, Golfo Ártabro e a Mariña Occidental as ondas serán superiores aos 7 metros en mar aberto.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do noroeste á noite, forza 5 a 7 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4.5 a 5.5 metros á mañá e 5 a 6 metros á tarde e á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...