O xornal dixital “obarbanza.gal” e AMEGA, Asociación de Medios en Galego, organizaron este sábado un roteiro na Pobra do Caramiñal impartido por Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán e Xaquín del Valle-Inclán Alsina, biógrafo. Investigador, crítico literario e neto do insigne escritor. Entre os asistentes o roteiro acudiron o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Carlos Vidal, profesores da USC e veciños da comarca e Santiago.
O roteiro arrancou na Torre dos Valle Bermúdez coa intervención do director do museo e rematou cunha visita o Pazo do Couto tralas ponencias.
O roteiro empezou coa visita á Torre dos Valle Bermúdez, declarada monumento histórico-artístico de carácter nacional e ó Museo Valle-Inclán decano do país cunha intervención maxistral de Antonio González Millán – Director da institución.
Sigueulle a ponencia de Xaquín del Valle-Inclán Alsina quen falou sobre “Ramón del Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal” e posteriormente houbo un roteiro biográfico que baixo o título “Ronsel de xenialidades: Valle-Inclán e García Martí, de Galicia ás letras internacionais” permiteu facer os asistentes un percorrido comentado por lugares vividos ou recreados nos seus textos.
O roteiro rematou cunha visita comentada ao Pazo do Couto, no núcleo histórico do Castelo, rutas que contaron coa guía de Antonio González Millán – Especialista en Historia e Arte de Galicia e en Museoloxía.
O agradecemento de AMEGA e “O Barbanza” ós ponentes e á familia propietaria do Pazo do Couto por permitila visita.
Fotos: O Barbanza