O Concello de Noia, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, desenvolve a campaña Consumo Responde, que ten o obxectivo de axudar aos cidadáns acerca dos dereitos que os amparan como consumidores de produtos e servizos de toda índole, e sobre as cousas que poden facer para protexerse ou para facer unha reclamación.
A campaña consta de 4 charlas presenciais, a primeira delas celebrarase este xoves 29 de febreiro e versará sobre Dereitos básicos das persoas consumidoras. Como reclamar. A sesión comezará ás 10.30 horas no Edificio do Casino de Noia. Trátase dunha charla aberta a toda a cidadanía, e non é precisa a inscrición previa.




