En febreiro comezaron en Ribeira as actividades formativas do Programa Integrado de Emprego

19 Febreiro 2024

Este mes de febreiro deron comezo no Viveiro de Empresas de Ribeira as actividades formativas presenciais do Programa Integrado de Emprego (PIE) promovido pola Administración local e subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

O programa de formación inclúe entre outra cousas dúas edicións cun módulo de informática básica na Aula CeMIT do Concello de Ribeira durante os meses de marzo e abril.

O Concello lembra que as persoas que estean interesadas en ampliar a información, poden achegarse á sede do Programa de Emprego, situada no Viveiro de empresas do Concello de Ribeira (rúa antigo matadoiro) ou ben chamar aos números de teléfono 669150809 – 628557348.

O Programa Integrado de Emprego (PIE) de Ribeira ten o obxectivo de mellorar a empregabilidade da cidadanía por medio de accións complementarias de orientación, formación e intermediación laboral.

“Este programa está dirixido a persoas con discapacidade, en risco de exclusión, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e persoas inmigrantes”, explicou recentemente a concelleira de Emprego, Veva Betanzos, engadindo que ao abeiro do programa levaranse a cabo formacións específicas e obradoiros para a busca de emprego, comunicación, habilidades sociais, preparación de entrevistas, emprendemento e mobilidade laboral. Entre as formacións, destacan cursos de inglés para o sector comercio, manipulador de alimentos, animación turística ou preparación e venda de peixe. Tamén, como dixemos, cursos de informática básica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.