Entra a veciñanza mdas poboacións costeiras de Galicia váise espallando nos últimos tempos una verba que tenta describir a negativa actividade que algúns visitantes realizan, nomeadamente na tempada de verán. Son os cualificados de “fodechinchos”, un xeito de apuntar-a veces indebidamente- aos que antes denominabamos “turistas” polo exclusivo feito de non seren do noso pobo, da nosa contorna.
“Fodechinchos” porque, disque, apañan mexillóns, minchas, lapas, polbos, ameixas, berberechos, etc., sen respetaren vedas e que levan para os seus domicilios evitando, deste xeito, o consumo en tendas, bares e restaurantes que, en teoría, dan maior rendibilidade a esa visita.
Esa denominación non se aplica, sen embargo, a aqueles outros que, facendo o mesmo que os “fodechinchos”, pescan ou capturan o que os profesionais da pesca e o marisqueo non fan, ben porque respectan vedas/tamaños ou, simplemente, porque son conscientes de que ese respecto é indispensable para que o mar siga a ser fonte de beneficios sociais e económicos para milleiros de persoas que dependen da pesca e/ou o marisqueo.
Este respecto, este se involucrar no coidado do medio mariño e a riqueza que del pode estraerse, é santo e sinal para máis de 700 mariscadoras/es e 30 embarcaciòns de toda caste que, nos últimos anos, acometeron labores de recolleita de lixo (máis de 400 toneladas) en praias de Muros, Noia, Vilanova, Vigo, Cambados, O Grove, Vilabosa, Corcubión, O Pindo, Baldaio, Caión, Mugardos, Ferrol, Cedeira e Pontedeume. Limpezas activas realizadas a pé e dende embarcacións por profesionais do mar en Galicia que nos últimos catro anos desenvolveron proxectos de protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas mariños permitindo deste xeito retirar da costa vidro, cerámica, algas,, madeira e plásticos.
As máis de 300 limpezas activas realizadas e as recolleitas levadas a cabo nas xornadas de traballo de pesca ou marisqueo involucraron a perto de 1.200 persoas e a 145 embarcacións de confrarías de pescadores espalladas por toda a xeografía galega. Un labor encomiable cuxos resultados terán efectos moi positivos para os “fodechinchos” (que aprenderán a respectar o que é de todos) e tamén para aqueles outros que, sendo “da casa”, ,ootan por ignorar que hai persoas que dependen en grande medida do que o mar lles da a cotío-